RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Ainhoa Marín e Olaya Enrique xa están con España sub-23 para os amigables ante Alemaña e Francia

As futbolistas do Deportivo ABANCA Ainhoa Marín e Olaya Enrique xa están concentradas coa selección española sub-23 para dous partidos internacionais que terán lugar nos próximos días.

Así, os rivais do combinado nacional serán Alemaña e Francia.

Ainhoa Marín xa foi titular o pasado 25 de outubro nun amigable ante Italia no que tamén estaba convocada Olaya, que ao final causou baixa por unha lesión muscular.

O calendario de partidos de España sub-23 é o seguinte:

Xoves 28 de novembro
18:30: ALEMAÑA - ESPAÑA no no Uhlsport Park de Unterhaching (Alemaña)

Luns 2 de decembro
18:00: ESPAÑA - FRANCIA, na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid)

Ao acabar este encontro, As Nosas regresarán á Coruña para incorporarse á disciplina deportivista.