O Dépor ABANCA caeu esta mañá en Abegondo (0-1) coa Real Sociedad nos oitavos de final da Copa de la Reina. Decidiu o encontro un gol de Emma nos compases iniciais da segunda metade.
Fran Alonso márchase, tal e como confesou na sala de prensa, cun "sentimento de orgullo. Démolo todo"
Nesta edición copeira, As Nosas eliminaran anteriormente ao Atlético Villalonga FF (0-1), Sporting de Gijón (0-6) e Real Betis Féminas (3-0).
Con este partido, as branquiazuis, que chegaban co impulso anímico do triunfo ligueiro (0-2) do pasado mércores ante o Valencia CF Féminas no partido aprazado no seu día pola catástrofe da DANA, concluíron o ano 2024.
Co terceiro partido en apenas unha semana após o Real Madrid en ABANCA-RIAZOR o pasado sábado e o citado do Valencia CF Féminas o mércores no Antonio Puchades, Fran Alonso introduciu até 7 cambios para refrescar ao equipo.
O preparador branquiazul lembra que a semana foi "moi difícil, con 3 partidos cando o rival tiña máis dunha semana de descanso. Sabiamos da dificultade pero competimos moi ben".
Pola súa banda, a Real Sociedad, que debutaba na competición, marcha en liga na 4ª posición con 23 puntos.
Advertiu o seu técnico José Luis Sánchez Va da importancia da Copa na previa e cumpriu, posto que o once inicial na Cidade Deportiva estivo formado polas futbolistas habituais en liga.
Deportivistas e realistas xa se viron as caras en liga o pasado 10 de novembro en ABANCA-RIAZOR. Venceron as vascas por idéntico resultado (0-1) pero neste caso cun gol de Raquel en propia meta ao comezo do choque.
Saíu a Real Sociedad a polo partido, dominando territorialmente ás Nosas aínda que sen crear demasiado perigo.
O primeiro remate con perigo foi para Amaiur, que recolleu un balón solto na área do Dépor ABANCA e o seu remate márchaselle demasiado alto.
Fran Alonso dispuxo unha defensa de 5 e achicar espazos para dificultar as manobras da Real Sociedad. "Era o plan de partido. Aguantar as súas arremetidas na primeira parte. Estivemos ben organizadas. Non nos fixeron demasiadas ocasións", apuntou o adestrador deportivista.
E conseguiuno, posto que as realistas non conseguían inquietar a Yohana.
Vanegas tivo a seguinte ocasión visitante ao rematar ao lateral da rede deportivista un balón ao segundo pau.
Co paso dos minutos, As Nosas lograron estirse aos poucos aínda que o seu primeiro disparo foi no minuto 45, por obra de Paula Gutierrez, ás mans de Lete.
Ao descanso chegouse sen goles.
Após o paso polos vestiarios, de novo Amaiur tivo a primeira ocasión pero, obstaculizada pola defensa, foise escorando e o seu disparo tapouno co corpo Yohana.
Pouco despois a Real Sociedad logrou o gol do triunfo. Eizagirre métese na área por banda esquerda e o seu centro remátao Emma en boca de gol.
No outro área, ADT a punto estivo de aproveitar unha indecisión entre a porteira Lete e a súa defensa na frontal da área. Finalmente atrapou a gardameta realista.
Pouco despois, Olaya conduciu unha transición rápida por banda esquerda pero o seu centro a Ainhoa Marín foise ás mans de Lete.
Coa entrada de Eva Dios e Michi Apóstol o Dépor ABANCA deu un paso adiante e o partido cambiou. "Na segunda parte tratábase de saír máis agresivas xa con xente fresca do banco. E saíunos ben. Tivemos ocasións claras para gañar o partido", conluyó Fran Alonso.
Así, nun saque de esquina non chegou Michi Apóstol por pouco a rematar na área pequena.
Noutra gran acción iniciada por Ainhoa Marín, Olaya dispara fóra por pouco con todo a favor.
A Real Sociedad tentou frear o ritmo deportivista con posesións longas.
Pero os últimos minutos foron para o Dépor ABANCA, lanzado sen complexos a polo empate.
Ainhoa Marín non pode superar a Lete nun man a man; do mesmo xeito que pouco despois Eva Dios a pase de Ainhoa.
Bárbara tivo o seguinte pero o seu remate ao primeiro pau a centro de Ainhoa Marín márchase fóra por pouco.
Xa no desconto, a Real Sociedad, un equipo experto, soubo baixar o ritmo e xa non houbo máis opcións para a igualada.
Deportivo ABANCA: Yohana, Vera, Henar, Marina Artero, Paula Gutiérrez ( Eva Dios, min. 58), ADT (Michi Apóstol, min. 58), Ainhoa, Olaya (Bárbara, min. 70), Raquel, Cris Martínez e Elena Vázquez (Millene, min. 81)
Real Sociedad: Lete, Vanegas, Apari, Amaiur (Quiles, min. 81), Andreia, Eizagirre (Lorena, min. 81), Lucía, L. Pardo (Franssi, min. 58), Emma (Izarne, min. 71), Cahynova e Lavogez (Guridi, min. 81)
Árbitra: Ainara Andrea Acevedo Dudley, do comité catalán. Amoestou a Lucía (min. 53), Emma (min. 63), Andreia (min. 67) e Henar (min. 78)
Gol: 0-1 Emma (min. 48);
Incidencias: partido de oitavos de final da Copa de la Reina disputado en Abegondo