RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

Germán Parreño visitou esta tarde a sede de Alvedro da Escola RC Deportivo

Os 40 nenos e nenas inscritos na quenda dos luns na sede de Alvedro da 7ª edición da Escola RC Deportivo levaron unha grata sorpresa.

Os alumnos e alumnas recibiron esta tarde a visita de Germán Parreño, porteiro do Dépor. Así, todos eles puideron charlar co futbolista, facerse fotos e conseguir o seu autógrafo como unha das actividades complementarias da Escola RC Deportivo.

Esta sede de Alvedro ampliou no presente curso de 7 a 10 quendas, que son os seguintes: luns ás 16:30, 17:30 e 18:30 (prazas esgotadas); mércores ás 16:30, 17:30 (prazas esgotadas) e 18:30 (prazas esgotadas); e venres ás 16:30, 17:30 (prazas esgotadas), 18:30 (prazas esgotadas) e 19:30 (prazas esgotadas).

Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade, etc... pode consultarse en escola.rcdeportivo.es.

Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade poden contactar coa organización no correo electrónico escola@rcdeportivo.es.

Este ano a novidade son as novas sedes de Sada e Zas, que rexistraron unha espectacular acollida de alumnos.

En Sada hai catro quendas: mércores ás 16:15 e 17:15; e venres ás 16:15 e 17:15.

E en Zas están a funcionar outras 5 quendas: luns ás 16:30, 17:30 e 18:30; e mércores ás 17:00 e ás 18:00 horas.

Ademais destas sedes e da de Outes, na Cidade Deportiva Arsenio Iglesias na Torre continúa a súa actividade a Escola RC Deportivo Diversidade Funcional, destinada a todas as persoas con diversidade funcional entre 16 e 40 anos que desexen iniciarse no fútbol ou complementar os seus adestramentos de maneira máis específica con adestradores do equipo Genuine do RC Deportivo. Hai dúas quendas os mércores: ás 16:00 e ás 17:00.

Este ano, a Escola RC Deportivo Diversidade Funcional ten unha nova quenda os martes de 16:00 a 18:00 horas para alumnos e alumnas de 8 a 14 anos.