Amigable do Dépor Genuine mañá sábado en Abegondo ante un equipo integrado polos patrocinadores do RC Deportivo
O Dépor Genuine disputa mañá sábado 9 de novembro ás 11:45 en Abegondo o seu segundo amigable desta temporada após o celebrado na Torre o pasado mes de outubro fronte a un Equipo pola Saúde Mental.
Nesta ocasión o rival será un equipo formado por xogadores procedentes dos diferentes patrocinadores do RC Deportivo: ABANCA, Duacode, Grupo Breogán Motor, Vales e Asociados, Ontime e Gestán Conteco.
Desta forma, o equipo deportivista contiúa a súa preparación de LaLiga Genuine que arrinca este mes de novembro.
Definido o calendario e rivais branquiazuis na Liga Genuine
A primeira das 6 paradas de LaLiga Genuine 2024-25 será Tarragona, co Nàstic de Tarragona como club anfitrión, quen recibirá a todos os equipos Genuine do 22 ao 24 de novembro no Fútbol Salou Sports Centre. A cerimonia de inauguración será no Nou Estadi Costa Daurada.
Os rivais branquiazuis serán o CD Tenerife EDI, Fundación Albacete e Fundación Barça.
A segunda fase será na Coruña para un grupo e en Paterna (Valencia) para outro.
No caso do Dépor Genuine o escenario é a Cidade Deportiva de Abegondo, por segunda temporada consecutiva, os días 15 e 16 de marzo, co Real Valladolid e CD Leganés como rivais.
A terceira fase, tamén entre as sedes de Vila-Real e Burgos, será para os deportivistas na Cidade Deportiva burgalesa o 10 e 11 de maio. SD Eibar Fundazioa e Getafe CF mídense ao Dépor Genuine.
Para finalizar, do 30 de maio ao 1 de xuño terá lugar a máis que esperada gran final da competición que reunirá aos 47 equipos que a compoñen. O Athletic Club será o encargado de recibir a toda a gran familia Genuine na súa Cidade Deportiva de Lezama, onde se disputarán os últimos e máis emocionantes encontros da edición. Valencia CF, FC Cartagena e UD Almería enfrontaranse aos deportivistas.