RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Irene Ferreras: ANOSAFORZA vai ser peza fundamental en todos os momentos do partido

Irene Ferreras desvelou este mediodía na sala de prensa de Abegondo que a #ANOSAFORZA ten "ganas de darlle as grazas despois de cada xornada, sobre todo aquí en Abegondo. Teño aínda o recordo do último tramo do último partido en casa contra o CD Alba Fundación Albacete. Faltounos ese gol para celebralo pero xerouse unha maxia moi especial. Cando o equipo o necesita, sentimos moito a calor da nosa xente. E cando vas fóra te dás conta da sorte que temos, porque somos a mellor afección de Primera Federación Iberdrola. É unha afección que xerou moito sentimento de pertenza e de arraigamento cara ao seu equipo feminino; e para nós é vital. Tamén agradecer á xente que se despraza cada xornada a vernos, porque aínda que son menos en número, senten moito en calidade e para nós é súper importante".

De feito, indica que "mañá nin que dicir ten que #ANOSAFORZA vai ser peza fundamental en todos os momentos do partido, sobre todo cando as cousas se poñan complicadas, que haberá momentos complicados que haberá que superar xuntos. Cando a bancada de Abegondo roxe, nos empoderamos e somos capaces de facer calquera cousa".

A adestradora branquiazul ve no partido ante o RCD Espanyol de mañá sábado 27 de xaneiro ás 12:00 (Youtube RC Deportivo) en Abegondo "moitos alicientes. É un equipo que está a facer as cousas extraordinariamente ben, coas ideas claras que lle están dando moi bos resultados; e que está a ter unha batalla moi bonita connosco cada xornada. A iso súmaslle que hai un golaverage en xogo, que xogamos en casa, que foi o único equipo que foi capaz de gañarnos esta temporada. Todos eses factores motívannos moitísimo. Esta vez temos ademais un escenario acorde a este tipo de partidos, que eu creo que é un partido de practicamente Primera División, contra un club que foi dos máis laureados dentro do fútbol feminino".

Así pois, conclúe que "é un día para gozar do fútbol feminino, para que toda a xente que poida vir velo góceo tamén porque non é fácil ver un nivel de fútbol feminino tan alto aquí na Coruña. Imos tentar estar á altura para que #ANOSAFORZA se vaia contenta".

Do RCD Espanyol Irene Ferreras fíxase "neses matices sempre que nos axudan a preparar o partido. É un equipo que fai cousas sinxelas de maneira moi eficaz e moi práctica, que lle está dando moi bos resultados; con modificacións en estruturas en función do momento do xogo, con moitos mecanismos na nosa liña defensiva que nos van a condicionar a estar moi concentradas e moi coordinadas, porque é un equipo que xunta moita xente arriba, que che busca moitas situacións de arrastre, de peiteadas. Traballa moi ben as situacións aos espazos. Somos dous equipos con dúas ideas diferentes pero que practican un fútbol práctico que é eficaz e por iso estamos aí arriba na clasificación".

Finalmente, sobre 'Michi' Apóstol, a última incorporación do Dépor ABANCA, opina que "é unha boa aposta tanto da xogadora como do club. Creo que vai ser unha xogadora de futuro. Aquí funcionou sempre moito a fórmula venezolana no equipo feminino e aquí váiselle a xerar o escenario apropiado para que creza como futbolista. Ímola a axudar en todo e con ganas de vela no campo xa".