RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Irene Ferreras: "Estou encantada coa profesionalidade de todo o cadro"

Irene Ferreras compareceu na sala de prensa de Abegondo como previa ao encontro de Liga F ante a Real Sociedad de mañá domingo 10 de novembro ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR (Dazn e Gol Play). A adestradora valorou positivamente ao rival e destacou a importancia de "ter unha identidade propia".

Para Ferreras, a Real Sociedad é un "gran rival, ademais adestrado por un grandísimo míster". A pesar de que "está nun momento de cambio, debido a que é un proxecto novo" é un equipo agresivo e un rival complicado: "é unha aposta moi forte no fútbol feminino". Conclúe que será un encontro bonito.

No referente ao Dépor ABANCA, que non conta con baixas para este encontro, a míster insiste en seguir crecendo: "Queremos ir crecendo con balón e non precipitarnos", con todo mantense moi orgullosa da evolución: "Estou contenta co proceso que está a levar a cabo o equipo". Ademais, a nivel anímico, Irene aprecia un bloque que cada vez se coñece mellor e resalta de cara á permanencia, o compromiso e o traballo das xogadoras: "Estou encantada coa profesionalidade de todo o cadro".

Irene reitera que "sentimos equipo coa cidade e #ANOSAFORZA", a pesar de que ás veces impón en xogar en estadios grandes, a míster observa progreso e comodidade nos partidos en ABANCA-RIAZOR.

Ante unha posible vitoria, Irene sostén que "nos imos a fixar no proceder e esa ten que ser a liña a seguir, non tanto no resultado". Apunta que o importante seguir sendo regulares na faceta competitiva para un equipo que "está a coller a medida á competición".