RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Iris seguirá no Dépor ABANCA até xuño de 2022

Iris Arnaiz Gil (Xixón, 18 de maio de 1994) renovou como xogadora do Deportivo ABANCA por unha campaña máis, até final do curso 2021-2022.

O pasado mes de decembro, a centrocampista asturiana asinara a súa vinculación co equipo branquiazul até a conclusión da Temporada 2020-2021, coa posibilidade de seguir un curso máis, até xuño de 2022.

Iris aterrou no Dépor ABANCA, procedente do Oviedo Moderno CF, no verán de 2017, polo que a próxima será a súa cuarta campaña nas filas deportivistas. Desde a súa chegada é unha peza indispensable para o técnico Manu Sánchez e mesmo alcanzou a capitanía, disputando até o momento 74 partidos nos que anotou 11 goles.

Eses 74 partidos (19 en Primera Iberdrola, 49 en Segunda División Nacional, 4 de promoción de ascenso a Primera Iberdrola e 2 de Copa da Raíña) converten a Iris na sexta xogadora con máis encontros oficiais coa camiseta branquiazul. Neste ranking, por diante da Iris unicamente atópanse Teresa Abelleira (92), Cris (85), Gaby (84), Peke (77) e Nuria (76).