RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Jaime apunta que "nos gustaría gañar con máis tranquilidade" e Lapeña admite que "sufrimos demasiado para todo o que fixemos"

Jaime Sánchez e Adrián Lapeña foron os protagonistas na zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

Jaime apuntou que "como habitualmente en casa dominamos, estivemos ben. Gustaríanos gañar os partidos con máis tranquilidade pero estivemos ben, creamos ocasións que non quixeron entrar na primeira parte pero a valoración é positiva".

O central andaluz lembra que "a liga é moi longa. Despois de perder o outro día parece que estabamos mortos pero nós sabemos que non. Queda moita liga, que é moi forte, todos os equipos fanche dano. Os demais rivais van picar e nós temos que estar aí á espreita e facer o noso traballo".

Pola súa banda, Adrián Lapeña indicou que "as sensacións son moi boas. O equipo soubo corrixir o que fixo mal o outro día en Alcorcón, ser valentes sen balón e por mor diso tivemos varias ocasións que nos podía levar ao descanso cun resultado amplo".

O defensor rioxano admite que "sufrimos demasiado para todo o que fixemos. Podiamos ter ido ao descanso con 2-0, 3-0 que nos levou o partido con máis calma, con máis tranquilidade".

Valora que após o gol de Lucas, "soubémonos xuntar, soubemos defender todos xuntos no medio campo. Iso levámonolo para futuros partidos. Cando nos xuntamos e mantemos a liña alta tamén somos un equipo difícil".

Subliña agora que "temos que ser o mesmo equipo que demostramos en ABANCA-RIAZOR. Esa axuda de #ANOSAFORZA non a temos pero temos que dar ese pasito adiante porque os xogadores que hai no equipo son dunha calidade abismal".