RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Jaime, Keko e seis canteiráns, na lista de convocados para o partido de mañá sábado en Viveiro

O Deportivo disputará mañá sábado 31 de xullo o seu segundo amigable de pretemporada ás 19:00 no campo de Cantarrana de Viveiro ante o equipo local que milita en Terceira RFEF.

As novidades na citación de 24 futbolistas son o defensor gaditano Jaime Sánchez, que se perdeu a primeira cita do pasado mércores en Vilalba debido a unhas molestias que sufrira nos isquiotibiais; e Keko.

Caen forzosamente Valín e Pablo Brea, que se adestraron co readaptador Álex Canosa; e Alberto Benito, no seu domicilio con traballo individualizado ata que ditaminen os Servizos Médicos que dirixe o doutor Carlos Lariño.

Ademais, Rolan, Uche e Fede Cartabia teñen permiso; e Celso Borges ten previsto chegar á Coruña estes días procedente da concentración de Costa Rica na Copa de Ouro da CONCACAF.

Alberto, Juan Rodríguez, Trilli, Yeremay, Noel e Mella conforman a representación de #ANOSACANTEIRA na citación de Borja Jiménez.

No adestramento vespertino de hoxe, o técnico deportivista dispuxo, após un quecemento, un exercicio de posesión, fútbol en espazo reducido, un partido a metade de campo, unha tarefa táctica e ensaio de accións a balón parado (saques de esquina, faltas laterais e penaltis) para finalizar.

O Viveiro CF fixou en 15 euros o prezo da entrada para asistir ao amigable. Os interesados poden adquirir a súa entrada nos despachos de billetes do campo de Cantarrana mañá mesmo a partir das 17:30 horas.

Ademais, o choque será retransmitido en directo pola canle de Youtube do club grazas ao patrocinio da firma coruñesa integralmotion.es.

Tralo partido, o cadro descansa o domingo 1 de agosto e regresa aos adestramentos o luns 2 ás 10:30 en Abegondo.