RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

José Luis Martí non continuará como adestrador do Real Club Deportivo

Concluída a competición na Temporada 2018-2019, e a piques de finalizar formalmente a campaña o vindeiro domingo 30 de xuño, o Real Club Deportivo comunicou ao técnico mallorquino do primeiro equipo, José Luis Martí, que non dirixirá ao cadro branquiazul a próxima temporada.

O Real Club Deportivo quere agradecer ao adestrador e o seu equipo de traballo a aposta e labor realizadas nos últimos meses á fronte do cadro, desexándolle os maiores éxitos no seu futuro persoal e profesional.