RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

José Rey disputou con España sub-17 ante Inglaterra o seu último partido en San Pedro del Pinatar

José Rey disputou hoxe martes ante Inglaterra o último partido da selección española sub-17 no Torneo Internacional que se celebrou estes días na localidade murciana de San Pedro del Pinatar.

O choque acabou con vitoria (4-1) da selección inglesa, moito máis efectiva en ataque que a española. O xogador deportivista xogou a recta final do encontro, posto que saltou ao céspede no minuto 63 en substitución de Diallo.

O representante de #ANOSACANTEIRA neste combinado nacional tamén tivo minutos de xogo o pasado sábado 9 de setembro ante Portugal no segundo partido do torneo. Relevou no minuto 72 a Diallo e non puido evitar a derrota española (4-1).

O primeiro partido desta competición foi o mércores 6 ante Marrocos. José Rey foi titular nun partido que gañou España (2-1) con dous goles nos últimos minutos. O canteirán branquiazul estrelou un balón no pau nunha das mellores ocasións do combinado español.
 
José Rey regresará á Coruña ao longo de mañá mércores 13.

No seu primeiro ano de xuvenil, non é un novato nas categorías inferiores da selección española posto que o ano pasado gañou coa selección sub-16 no mes de novembro o Torneo Football Federations Cup en Alfaz del Pi.

Os resultados de España no Pinatar Area Stadium foron os seguintes:

Mércores 6 de setembro
ESPAÑA 2 - MARROCOS 1

Sábado 9 de setembro
PORTUGAL 4 - ESPAÑA 1

Martes 12 de setembro
INGLATERRA 4 - ESPAÑA 1

Iano Simão seguiu desde o banco o triunfo da súa selección, Guinea Bisáu, ante Sierra Leona

O lateral fabrilista Iano Simão estivo convocado coa selección nacional de Guinea-Bisáu con motivo dun partido clasificatorio para a Copa de África ante Sierra Leona.

O encontro disputouse onte luns 11 de setembro no Estadio Nacional de Bisáu e saldouse con triunfo guineano (2-1) que o sitúa en 2ª posición do grupo A con 13 puntos, a 2 puntos do líder, Nigeria.

Iano Simão non chegou a saltar ao terreo de xogo e esta semana porase xa a disposición de Óscar Gilsanz no Fabril.