RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA, co Fabril e o Xuvenil A o domingo en Abegondo

Cos alevíns e benxamíns na última semana de amigables de pretemporada, un total de 4 partidos xóganse este sábado 19 de outubro en ANOSACANTEIRA.

O único que compite en casa, concretamente en Abegondo, é o Infantil, que recibe ás 11:30 ao Racing de Ferrol, outro dos equipos de cabeza da táboa na División de Honra.

Os infantís deportivistas Julen López, Adrián Fernández, Antón Vilariño, Hugo Ferreiros e Tiago Caamaño; ademais de Hugo Macedo e Iván Gil do San Tirso SD Infantil participaron hoxe mércores nun amigable da selección galega sub-14 ante o CD Lugo cadete.

Na Grela 1 mídense ao Ural Español CF o Xuvenil B (12:15) e o Cadete (1015).

Tamén fóra, o San Tirso SD Cadete visitará ao Pabellón Ourense CF ás 11:00 en Vos Remedios.

Os cadetes deportivistas Antón Roura, Gael Irimia, Mauro Valeiro, Ramón Branco e Samba Wade; ademais de Eder Vilas, Nico Akgoz e Roi Castro disputaron esta tarde coa selección galega sub-16 en Cospeito (Lugo) un amigable ante o CD Lugo de Liga Nacional xuvenil.

Para o domingo 20 de outubro ás 17:00 (YouTube RC Deportivo) queda o partido do Fabril en Abegondo ante o UM Escobedo da localidade cántabra de Camargo.

Os fabrilistas chegan ao choque após o mal sabor de boca de Luanco, onde un mal inicio de partido condenou ao filial á derrota.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar os asentos e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición da bancada nun proceso 100 % telemático.

As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até mañá xoves 17 de outubro ás 23:59 h.

A partir dese momento, se houbese localidades aínda dispoñibles, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Antes, ás 13:00, o Xuvenil A, á fronte da División de Honra, mídese ao Real Avilés Industrial; e o San Tirso SD Infantil ao Victoria CF ás 10:00 na Grela 1.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
8ª xornada: FABRIL - UM ESCOBEDO, o domingo 20 de outubro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: ... 10. Real Valladolid Promesas e Salamanca CF UDS, 9 puntos; 12. UM Escobedo, 8 puntos; 13. Fabril, 7 puntos; 14. CD Guijuelo e CD Laredo, 6 puntos...

Categoría xuvenil
8ª xornada: XUVENIL A - REAL AVILÉS INDUSTRIAL, o domingo 20 de outubro ás 13:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 19 puntos; 2. RC Celta, 17 puntos... 9. Real Avilés Industrial, 9 puntos...

7ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - XUVENIL B, o sábado 19 de outubro ás 12:15 na Grela 1
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta, Pabellón Ourense CF e Racing de Ferrol, 15 puntos; 4. Xuvenil B, 13 puntos; 5. Ural Español CF, Victoria CF, Atlético Arteixo e Alondras CF, 10 puntos...

Categoría cadete
7ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - CADETE, o sábado 19 de outubro ás 10:15 na Grela 1
7ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 19 de outubro ás 11:00 en Os Remedios (campo Miguel Ángel), Ourense
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta e Cadete, 18 puntos; 3. CD Lugo, 15 puntos... 6. Pabellón Ourense CF, SD Compostela e San Tirso SD, 10 puntos; 9. Ural Español CF, 9 puntos...

Categoría infantil
6ª xornada: INFANTIL - RACING DE FERROL, o sábado 19 de outubro ás 11:30 en Abegondo
6ª xornada: VICTORIA CF - SAN TIRSO SD INFANTIL, o domingo 20 de outubro ás 10:00 na Grela 1
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, Infantil e Racing de Ferrol, 15 puntos; 4. AJ Lérez, 10 puntos; 5. ED Val Miñor Nigrán, Pabellón Ourense CF e San Tirso SD Infantil, 9 puntos; 8. Atlético Coruña Montañeros CF, 8 puntos; 9. Victoria CF, 7 puntos...

Categoría alevín
CD CALASANZ - ALEVÍN A, o sábado 19 de outubro en O Pinar (Vizoño) con horario pendente de confirmación

Torneo 'Tres nun' en O Redondo (Montrove) ás 12:30 con FABRIL FC ALEVÍN, ATLÉTICO PERILLO e VICTORIA CF

Categoría benjamín
BETANZOS CF (alevín) - BENXAMÍN A, o sábado 19 de outubro ás 13:00 en O Carregal
BETANZOS CF A - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 19 de outubro ás 12:00 en O Carregal