RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Jovanović, Beto da Silva, Salva Ruiz e Montero estreáronse en Abegondo

Catro do cinco últimas incorporacións do RC Deportivo estreáronse esta mañá en Abegondo ás ordes de Juan Antonio Anquela: Jovanović, Beto da Silva, Salva Ruiz e Montero.

Faltou unicamente Mollejo, a consecuencia da súa convocatoria coa selección española sub-19.

O técnico deportivista non puido contar cos lesionados Nolaskoain, Longo, Somma e Borja Valle, este a consecuencia dunha contusión no quinto dedo do pé dereito sufrida en Vallecas; ademais de con Gaku, concentrado xa coa selección de Xapón para dous partidos internacionais.

Esta mañá, os titulares ante o Rayo Vallecano o pasado domingo só realizaron a primeira parte da sesión, cun traballo preventivo e uns rondos. A continuación, pasaron a tarefas de recuperación física: estiramentos...

Para os demais, incluídos os fabrilistas Gandoy, Boian, Valín, David Sánchez e Javi Sánchez, houbo ademais un exercicio de posesión, un traballo de finalizacións e, para concluír, fútbol en espazo reducido.

Mañá mércores 4 de setembro, o Deportivo volverase a adestrar na Cidade Deportiva a partir das 10:30 horas. Ao finalizar, Anquela dará a lista de convocados que pola tarde disputarán o XXI Memorial Moncho Rivera na Malata (20:00 horas) ante o Racing de Ferrol.