RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

Juan Carlos Escotet Rodríguez destaca o compromiso coa cidade, o escudo e unha afección que "sempre é de Primeira"

Juan Carlos Escotet Rodríguez, próximo Presidente do RC Deportivo, destaca "o compromiso coa cidade e o escudo" como principal motivo para asumir a compra e as rendas dun Club cuxa "afección pase o que pase sempre é de Primeira".

Escotet non será un Presidente "con desexos de figuración, xa que no meu caso é exactamente o contrario. O meu único desexo é achegar a miña experiencia e asegurar o éxito do Club a longo prazo". "Entendo que a miña función é axudar a formar ao talento novo e asegurar o desenvolvemento das capacidades que permitan manter ao Club nas máximas categorías do fútbol profesional español e europeo", engade o máximo mandatario deportivista.

Ante a pregunta de se o Dépor é un negocio ou un sentimento, o que será o Presidente número 50 na historia do RC Deportivo afirma que "sen discusión, o Dépor é un sentimento. Calquera analista económico desaconsellaría a compra dun equipo que nese momento estaba nun complexo concurso de acredores e nunha pésima situación deportiva. Pero fixémolo por compromiso con esta cidade e este escudo".

Escotet pídelle a #ANOSAFORZA "que confíe, porque o noso compromiso co equipo é profundo e a longo prazo. Amamos este Club e estamos completamente dedicados a construír un futuro sustentable e de éxito".

"Entendemos a enorme responsabilidade que temos coa afección e coa cidade. Sempre teremos en conta todas as opinións para o desenvolvemento da nosa estratexia. O Dépor non se comprende se non se coñece ben a esa afección que pase o que pase sempre é de Primeira", engade sobre unha intensa e inesgotable inchada que lle gustaría "que saiba canto valoramos ese apoio e esa lealdade".

"Imos traballar con afán e sen descanso para devolver ao Deportivo canto antes ao lugar que se merece. Non soamente a Primeira División senón tamén, porqué non, volver ao fútbol europeo", destaca Escotet, que tamén quixo lembrar que "logramos logros financeiros, como saír do concurso de acredores, que practicamente nos levou á quebra, 24 anos antes do previsto. Isto ábrenos unha nova ruta ilusionante, cun proxecto de futuro solvente, sustentable e a longo prazo".