RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Juan Carlos Menudo enfila a recta final da súa recuperación

Juan Carlos Menudo enfila a recta final da súa recuperación ao comezar a realizar esta mañá tarefas co resto dos seus compañeiros.

Se onte Jorge Valín facía os primeiros exercicios da mañá co grupo, hoxe a quenda foi para o atacante deportivista. Os Servizos Médicos comprobarán a súa evolución estes próximos días antes de tomar unha decisión sobre a súa alta médica.

No vestiario, con ximnasio e fisioterapia, quedaron Jaime e Trilli.

Borja Jiménez dispuxo esta mañá un partido once contra once no campo 2 da Cidade Deportiva, con continuos cambios de xogadores e posicións.

O técnico deportivista comeza así a trazar o plan de partido para a visita a ABANCA-RIAZOR do CD Badajoz, prevista para este sábado 18 de setembro ás 19:00 horas (Footters).

A xornada arrancou cun circuíto físico preventivo na bancada da instalación, coordinado polo readaptador Álex Canosa; e un quecemento con rondos supervisado polo preparador físico Luis Fandiño.

Noel, Yeremay e Alberto foron a representación de #ANOSACANTEIRA na sesión de hoxe.

Mañá xoves 16 de setembro, o Dépor saltará ao céspede da Cidade Deportiva a partir das 10:30 horas.