Juan Carlos Valerón reparte minutos ao seu cadro no amigable do Fabril en Carballo
Foto: - @BerganFC -
O Fabril, con varios xuvenís convocados, disputou esta mañá no campo das Eiroas o seu primeiro amigable desta pretemporada, co Bergantiños FC como rival.
Juan Carlos Valerón, técnico fabrilista, repartiu minutos de xogo entre todo o seu cadro, o principal obxectivo, nun partido igualado que acabou sen goles (0-0).
Primeiro tempo: Pablo Brea, Iván, Kanouté, Rojo, Pescador, Barba, Guille Bueno, Prendes, Álex, Guedes e Trilli. Tamén xogaron: Isra, Dani Barcia, David Suárez, Javi Sánchez, Manu Mosquera, Villares, Boedo, Adrián, Rayco, Cambón e Sarmiento.
A próxima cita de pretemporada será en Abegondo o mércores 30 de setembro ás 11:30 horas ante a SD Compostela.
O filial deportivista arrincará a liga no subrupo A de Terceira División o próximo 17 ou 18 de outubro no campo Alcalde Manuel Candocia das Somozas.