RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Keko cre que "gañar o domingo sería meter pé e medio na Segunda B Pro"

Keko Gontán foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR.

O atacante deportivista confesa que o Deportivo afronta o partido deste domingo 25 de abril no campo de Miramar de Luanco (17:00 horas, Footters) "con moitísimas ganas. O vestiario ten ganas de conseguir o obxectivo desta segunda parte da competición, que é a Segunda B Pro. Gañar o domingo sería meter pé e medio".

Admite que descoñece as particularidades do campo de Miramar, escenario do choque ante o Marino de Luanco: "Dixéronme que é un campo ao estilo do Coruxo, dimensións máis pequeniñas, céspede irregular. Non sabemos moi ben o que nos imos a atopar. Dixéronnos hai dúas semanas que o campo estaba durisimo. Agora está a chover un pouco e estaba brando. Non vai ser nas mesmas condicións que xogar aquí en ABANCA-RIAZOR. Confiamos en que o grupo por fin nun dos campos difíciles poida sacar un resultado que até agora non se puido dar".

Espera pois "un partido difícil. Eles non van estar de vacacións nin moito menos aínda que agora mesmo non teñan ningunha opción. Vai ir a xogar o Deportivo e iso é unha ilusión para calquera xogador. E máis nesta categoría".

Lembra o choque da primeira volta en ABANCA-RIAZOR, saldado con triunfo por 1-0 con gol de Miku desde o punto de penalti: "Eles estiveron moi ben colocados e custounos atopar espazo entre liñas. Esperámonos o mesmo tipo de partido pero nun campo con máis dificultade. Todas as accións, todos os detalles van ser importantes. Quizais un balón parado, un centro, as segundas xogadas... Estar con esa chispiña, ese punch de concentración que fai que che leves os balóns no canto do rival".

Sobre o seu futuro, Keko explica que "a día de hoxe non puiden reflexionar sobre iso porque non conseguimos o obxectivo de alcanzar a Segunda B Pro e afianzar o Club. Teño tres anos aquí de contrato. Sempre o dixen que estou moi a gusto, como en casa. A día de hoxe o Club non creo que teña claro o proxecto do ano que vén porque non sabe na categoría na que vai estar. Ningún puidémonos sentar a dicirnos as cousas á cara".