Sergio "Keko" Gontán Gallardo (Madrid, 27 de decembro de 1991) non continuará xogando no RC Deportivo. Desde a súa chegada ao Club no mercado de inverno da temporada 2019-2020 Keko vestiu a camiseta do Dépor en 24 partidos, anotando 2 goles e dando 2 asistencias.
O RC Deportivo quere agradecer a Keko Gontán o seu traballo e achega ao equipo nesta etapa como branquiazul, desexándolle os maiores éxitos nos seus próximos proxectos profesionais.