RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Keko resalta que todos os xogadores branquiazuis "estiveron a gran nivel"

Keko Gontán, autor dun golazo que valeu os tres puntos en xogo ante o Pontevedra CF, pasouse pola sala de prensa de ABANCA-RIAZOR.

Mostrouse "contento pola vitoria do equipo. Tiven a sorte de facer o gol pero quero destacar o rendemento de todos os xogadores. Todos estiveron a un gran nivel, Lucho salvounos nas últimas accións... Moi contento por todos e sobre todo pola vitoria".

Confesou sentir no momento de marcar ese golazo desde fóra da área "felicidade, alegría, éxtase. Esa é a sensación que vive un". Explica que aínda que a fixo en poucas ocasións, "confío bastante nese disparo meu coa zurda. Toda a semana nos adestramentos metíame cara a dentro e pegáballe aí. Saíranme varios. Iso vaise sentindo. Xusto quedou aí a pelota e sen pensar... Son milésimas. Sae o balón, tiven a sorte de que entrou e a gozalo".

Describe unha imaxe do vestiario branquiazul de ABANCA-RIAZOR de "alivio, de descanso, de alegría... Levamos bastante presión encima. O partido era para nós vital do mesmo xeito que todos estes pasados nos que non conseguimos a vitoria. Conseguir o triunfo hoxe era dar un pasiño máis pero aparte alivio e poder descansar desta presión, desta mochila que levamos acumulada".

Finalmente indica que "todos os xogadores que apostamos por este proxecto, todo o corpo técnico, as persoas de ABANCA... todos estamos a sufrir porque nos imaxinamos unha situación bastante diferente chegado a este punto da temporada. Cando ves que non se están cumprindo os obxectivos un sofre, pásano mal nosas familias, pasámolo mal todos. Todos fixemos unha gran aposta, ABANCA, o corpo técnico, xogadores quedándonos en Segunda B... Estamos todos no mesmo barco. Que ninguén se pense que nós non sufrimos porque este é o noso traballo, esta é a nosa paixón, é polo que vivimos, o que levamos facendo desde pequenos. As cousas non nos están saíndo ben, entoamos o mea culpa pero sufrir sófrese moito, pásase mal, noites sen durmir, chegas a casa desgustado".