Lady Andrade, substituída no minuto 36, pendente de probas nun xeonllo
Lady Andrade foi relevada no minuto 36 do encontro en Abegondo entre o Deportivo ABANCA e o Real Betis por Eva Dios a consecuencia dunhas molestias nun xeonllo.
Os Servizos Médicos do Club someterán á centrocampista colombiana a unha resonancia magnética para coñecer o alcance exacto da lesión.
Precisamente Manu Sánchez en rolda de prensa contou que "nun lance do partido leva un golpe, achégase á banda e di que notou algo raro no xeonllo. Cambiámola. O doutor en principio non ve nada grave. Faránselle as probas", recalca.