RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lapeña opina que o equipo "sae reforzado" e Edu Sousa, que "foi merecedor de bastante máis"

O capitán Adrián Lapeña e Edu Sousa pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O central branquiazul márchase de ABANCA-RIAZOR cun sabor de boca "agridoce. Fixemos moitísimas cousas ben para levarnos o partido. Xeramos moitísimas ocasións que creo que metendo a metade o resultado sería moi avultado. Metéronnos en dúas xogadas illadas".

Conclúe que o partido do Dépor "foi boísimo. O que temos que facer é repetir isto todas as fins de semana para obter os resultados".

Lapeña afirma que "saímos reforzados deste partido. Penso que é o mellor partido da temporada e o que hai que facer é repetilo cada semana porque as situacións de gol que tivemos, en poucos partidos vanse a ver. Hai que seguir insistindo porque desta maneira os resultados van chegar".

Pola súa banda, Edu Sousa confesa estar "contento" por cumprir o soño de ser titular co Dépor en ABANCA-RIAZOR pero non cre que "hoxe o importante sexa falar de situacións particulares, non só miña senón de calquera".

O meta deportivista sostén que o equipo "foi merecedor de bastante máis na primeira parte. A nivel ofensivo estivemos a un gran nivel. Dá gusto ver ao equipo. Por cousas que ten este deporte e polo rival, que tamén xoga, vaste 0-0 ao descanso. Na segunda parte comeza xenial, despois non se se por exceso de confianza ou por unha sensación de que ía ir todo rodado, a Cultural ten grandes xogadores e pode facer o que fixeron".

Desvela que no vestiario non notou "frustración nin tristeza senón ganas de que chegue o próximo partido porque sabemos que a este nivel o normal é que consigas os 3 puntos".