RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

#Llamémosloporsunombre: familias de persoas con autismo visitan Abegondo

O vindeiro domingo 2 de abril ten lugar o Día Internacional do Autismo.

Por ese motivo, familias que teñen membros con autismo, da man das asociacións Aspanaes, Autismo Galicia e Fundación Erik Lövaas visitaron esta mañá a Cidade Deportiva de Abegondo para visibilizar da man do RC Deportivo o seu traballo e esforzo, este ano coa campaña: #LlamémosloPorSuNombre.

Após a experiencia de hoxe en Abegondo, as familias regresarán ás instalacións do Dépor para animar ao equipo no partido do próximo día 8 de abril contra o Fuenlabrada no Estadio ABANCA-RIAZOR.

Ademais o RC Deportivo emitirá un vídeo de concienciación o vindeiro domingo para seguir colaborando a chamar polo seu nome e a visibilizar o autismo.

Deste xeito a Fundación RC Deportivo continúa co compromiso adquirido de aliñarse cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da ONU, neste caso, concretamente, co terceiro Saúde e Benestar: garantir unha vida sa e promover o benestar en todas as idades é esencial para o desenvolvemento sustentable.