RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

Lucas convida ao deportivismo a colaborar co Banco de Alimentos Rías Altas este sábado en ABANCA-RIAZOR

O RC Deportivo e a Asociación Banco de Alimentos Rías Altas inician o vindeiro sábado 11 no partido da 12ª xornada do grupo 1 de Primera Federación entre o Dépor e o SD Logroñés en ABANCA-RIAZOR (19:00 horas) unha campaña conxunta de recollida que está apadriñada por Lucas Pérez.

Ambas as entidades asinaron un convenio de colaboración para realizar varias recollidas de alimentos no estadio branquiazul ao longo da temporada 2023-24.

O xogador deportivista visitou esta tarde a sede da entidade benéfica. Nesta primeira acción, ambas as partes animan a todos os afeccionados e afeccionadas a acudir o vindeiro sábado a ABANCA-RIAZOR cun litro de leite por persoa para doar ao Banco de Alimentos Rías Altas. Os afeccionados deberán dirixirse co seu litro de leite a unha das cinco furgonetas que estarán situadas nas catro esquinas do Estadio e na porta 0.

Nas próximas semanas, os días 24 e 25 de novembro, a Asociación Banco de Alimentos Rías Altas realizará a súa habitual gran campaña pre-Nadal, na que tamén participará o RC Deportivo. Durante a segunda volta do campionato ambas as entidades organizarán unha nova campaña de doazón de produtos básicos.