Luis César citou a todo o cadro e aos fabrilistas Gandoy e Mujaid para unha sesión de activación mañá venres
Luis César citou a todo o seu cadro, ademais dos canteiráns Mujaid e Gandoy, para realizar unha sesión de activación previa ao encontro de pola noite en ABANCA-RIAZOR ante o CD Tenerife (21:00 horas, Gol), último partido oficial para o Dépor neste ano 2019.
O técnico deportivista confirmou en rolda de prensa que Dani Giménez, que non saltou hoxe ao campo a adestrar co resto do equipo, "estará ben. Hoxe por precaución non saíu. Está ben. E Peru (Nolaskoain) está ben. Borja Galán mellorou das súas molestias, Luis Ruiz tamén. Están todos perfectos". Incluído ademais Borja Valle, segundo subliña Luis César: "Tamén está ben. Hoxe adestrou. Pregunteille como había ido e díxome que está ben".
No adestramento desta mañá en Abegondo, baixo unha persistente choiva, após un quecemento e uns rondos, o técnico deportivista dispuxo un partido 11 contra 11 no campo 2 e un exercicio de finalizacións por grupos no campo 3. Participaron tamén os fabrilistas Boian e David Sánchez.