RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Luis César desexa con este triunfo "prender esa mecha e que este equipo colla outra enerxía"

Luis César lembrou ao terminar o encontro no campo Papa Luna de Illueca que "os que levamos anos xogando con este formato de Copa a un partido vemos as sorpresas que houbo. Non se salvou ninguén. Algún equipo grande levouse un trompazo. Este ano volve este formato e é difícil. Vés xogar a un campo ante un rival de inferior categoría, os partidos se envenenan, un rival impetuoso no seu campo, coa súa xente. Estes partidos complícanse. Nada é fácil. Houbo que esperar até o final para marcar o primeiro gol. Misión cumprida, o Dépor pasa á seguinte rolda".

Destacou a dificultade de "facer un partido bonito aquí. O campo non era ancho, era estreito. E aínda encima tivo que adaptarse pola distancia cos valos. E estreitárono máis. Ante un rival impetuoso, non foi un gran partido do Dépor pero pasamos, que era ao que viñamos, a marcar un gol e seguir na competición".

O técnico deportivista tamén subliñou o gran partido que fixo o CF Illueca, "con moita enerxía, moi impetuoso, xogando as súas armas. As cousas que fai fainas moi ben. Tivemos que sufrir o partido. Xa o sabiamos. A pasear xa sabía eu que non nos iamos a pasear neste campo, con este rival e esta afección que teñen".

Ademais, Luis César resalta que "somos capaces de marcar un gol, vencemos. Alguén marcou gol. Marcaron gol dous xogadores do Deportivo. E iso é a segunda parte: pasar a eliminatoria e que metésemos goles".

Ve aos xogadores branquiazuis no vestiario "contentos porque por fin acaban 90 minutos, aínda que sexa un equipo de Terceira, e fomos capaces de marcar un gol antes que o rival e gañar o partido. Facía moito tempo, desde agosto, que non pasaba isto. Pasou cun equipo de Terceira, que non é de Segunda División pero polo menos gañamos. O importante é pasar a eliminatoria, o importante é que algún xogador do Deportivo marque gol, empezar gañando e que termine o partido así. A ver se prende esa mecha e este equipo colle outra enerxía, outra espiral para na liga continuar con este resultado positivo".

Do encontro, advertiu Luis César que ao ver partidos anteriores do CF Illueca, "vimos que era un equipo con moita enerxía, vimos algún partido que xogou aquí e na Cidade Deportiva do Zaragoza. Sabemos o que nos esperaba. Unha afección entregada, xa ves a xente que hai aquí neste campo. Hai cultura futbolística na zona, e esperaba un partido difícil".

Explica que "acabamos moi mal a primeira parte. Non se cumpría o plan que queriamos. Acabamos os últimos 10, 12 minutos mal. Na segunda demos un envorco a todo. O partido tivo os seus momentos. Aquí polas circunstancias do campo podíanche chegar á área en calquera contragolpe. E eles coa defensa organizada, impetuosa e agresiva eran capaces de roubar bos balóns, lanzar ás puntas e algún problema pasamos".

Ademais, apunta que a entrada de Longo, Mollejo e Koné debeuse "ao resultado e tamén porque non me interesaba que algún futbolista xogase os 90 minutos. Algúns xogaron 60 e Koné 15 minutos. Era importante oxigenar o equipo porque algún destes xogadores teñen que xogar o venres (ante o CD Tenerife en ABANCA-RIAZOR)".

Precisamente de cara a ese choque ante os tinerfeños, "quedan 3 días e hai que recuperar. Pero non pasa nada. En Primeira División xógase o sábado e o martes a Champions. E hai 3 días tamén. A nosa Champions é a Copa e a liga vén 3 días despois".