Luis César Sampedro deixa de ser adestrador do Real Club Deportivo
O Consello de Administración do Real Club Deportivo tomou a decisión de que Luis César Sampedro deixe de ser adestrador do primeiro equipo do Club, traballo que viña desenvolvendo desde o pasado 7 de outubro.
O Real Club Deportivo quere agradecer moi sinceramente a Luis César a súa profesionalidade, traballo, dedicación e actitude nesta etapa á fronte do equipo, desexándolle a maior das sortes a nivel persoal e nos seus futuros proxectos profesionais.