Manuel Pablo confesou na sala de prensa de Abegondo estar "sorprendido polo rendemento que demos o outro día (en Avilés)".
Apunta que a pesar de ter poucos días para traballar "as ideas están a collelas. Hai que axustar situacións pero ves un proceso no que tes que estar tranquilo".
Tamén sostén que os futbolistas están "tranquilos e nós (chámese corpo técnico) a asumir ese cambio con tranquilidade e que non entremos en situacións de velo todo mal porque son procesos que non son rápidos e pódenche levar a erros".
Do Coruxo FC, rival este domingo 17 de novembro ás 16:00 en Abegondo (YouTube RC Deportivo), pensa que "é un equipo que traballa bastante ben a presión alta. A pesar de que non gañou nos últimos 5 partidos sempre son resultados moi curtos, moi próximos. É un equipo que traballa bastante ben".
Advirte que o conxunto vigués contará con baixas por sancións e "non sabemos o que nos imos a atopar: se cambian de sistema, se seguen coa mesma situación..."
Finalmente Manuel Pablo, se ten que tirar de futbolistas xuvenís, está confiado porque ve "a algúns xogadores preparados para podernos achegar en calquera momento" aínda que advirte que "estamos coas fichas xustas en todos os equipos e tampouco se trata de tirar por tirar para non prexudicar aos demais equipos".