RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Mario Soriano, deportivista até 2028

Mario Soriano Carreño (Alcalá de Henares, Madrid, 22 de abril de 2002) renovou o seu contrato co Dépor por catro temporadas, até xuño de 2028, con opción a unha campaña máis por obxectivos.

O centrocampista alcalaíno chegou ao Dépor cedido polo Atlético de Madrid ao comezo da temporada 2021-22 e ao inicio da seguinte asinou por dúas campañas, xa en propiedade. No curso recentemente finalizado, o segundo dese contrato, militou cedido no SD Eibar, equipo co que disputou 45 encontros oficiais (41 como titular), marcou 3 goles e deu 4 asistencias en Segunda División. Ademais disputou o playoff de ascenso a Primeira.

Nas súas dúas temporadas como branquiazul, 2021-2022 e 2022-2023, Mario Soriano participou en 71 partidos, 58 deles no once inicial. Marcou 13 goles e deu 9 asistencias.