RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Martín Ochoa, con minutos onte á noite coa selección española sub-18

Despois da estrea o pasado 7 de abril nun adestramento co primeiro equipo, Martín Ochoa (Logroño, 20 de decembro de 2004) deu un paso máis na súa carreira ao entrar nos plans da selección española sub-18 para disputar dous partidos amigables ante a selección sub-20 de Marrocos.

O primeiro deles foi onte á noite no Complexo Deportivo Mohammed VI en Rabat (Marrocos) e acabou con vitoria española: 1-2.

Martín Ochoa saltou ao céspede no minuto 67 de partido en substitución de Fabio Blanco. O canteirán viuse obrigado a traballar de xeito abondo en defensa porque España xogou os últimos 15 minutos de partido con 10 xogadores por expulsión de Andrés Caro.

O segundo amigable entre ambas as seleccións será mañá xoves 28 de abril ás 22:00 horas no mesmo escenario.

O ariete deportivista regresará á Coruña este venres 29 de abril.

Martín Ochoa únese así ao grupo de canteiráns deportivistas habituais nas citacións dos equipos inferiores da selección española, caso de Noel, Dani Barcia, Trilli, Mella, Paula Novo, Ainhoa Marín, Aroa Guerra ou Eva Dios.

Procedente da UD Logroñés, o futbolista rioxano cumpre a súa terceira temporada en Abegondo despois de ser pichichi no Xuvenil B de Liga Nacional e seguir polo mesmo camiño no Xuvenil A de División de Honra.

Debutou na Youth League despois de superar unha lesión que o tivo varios meses fóra dos terreos de xogo e, ante o FC Dynamo Kyiv en ABANCA-RIAZOR, marcou o primeiro dos penaltis na quenda que ao cabo daría o pase aos ucraínos.

Abril Pazos, até hoxe coa selección española sub-15

Non só #ANOSACANTEIRA masculina ten presenza nas categorías inferiores da selección española, por exemplo Noel, Trilli, Dani Barcia, Martín Ochoa ou Mella nos combinados sub-19, sub-18 e sub-17.

A eles súmase a citación de futbolistas do Deportivo ABANCA ou do Deportivo ABANCA B, caso de Ainhoa Marín, Carlota Sánchez, Eva Dios e Paula Novo; e de novo Abril Pazos, xogadora do Orzán SD Xuvenil Feminino de Primeira División Galega.

A xogadora orzanista, que xa fora citada o pasado mes de xaneiro, está concentrada nuns adestramentos coa selección española sub-15 na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) até hoxe mércores 27 de abril.

Neste último tramo de liga, Abril Pazos foi unha das habituais nos adestramentos e nos partidos oficiais do Deportivo ABANCA B en Primeira Nacional.