RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Max Svensson: "Non se pode dicir que non a este gran club"

Max Svensson foi presentado como novo xogador do Dépor cedido esta temporada polo RCD Espanyol.

Após pousar para os medios gráficos coa camiseta Galicia Azul acompañado por Eduardo Blanco, conselleiro do Club en substitución de Antonio Couceiro, ausente estes días da Coruña, o novo dianteiro deportivista cualificou en rolda de prensa como "espectacular" o ambiente de ABANCA-RIAZOR, que xa puido vivir o pasado sábado ante a Balompédica Linense: "A afección, o estadio e o equipo é incrible".

Admite que na súa posición, na vangarda do ataque deportivista, hai "moita competencia" e promete "traballar ao máximo".

Nesta liña, comenta que pode xogar "en varias posicións e hai que adaptarse ao que pide o míster"

Vese "preparado" para xogar e asegura que "dame igual os compañeiros que teña. Hai que achegar sempre ao máximo, traballar ao máximo e logo gañar a posición e que o míster confíe en ti".

Desvela que "cando me chamou o Dépor comenteille ao meu pai (mítico porteiro de balonmán do FC Barcelona) que había esta opción e el díxome que para adiante, que é un Club histórico e que se poden facer grandes cousas".

Recoñece que o Dépor apertou para lograr a súa incorporación "a última semana. Chaman varias veces, están bastante interesados. Eu pola miña banda tamén quería saír do Club. Xuntábase todo: o Dépor quería que viñese, eu quería marchar. A decisión xa a tiña tomada, é moi difícil dicir que non e aquí estou".

Formado na UE Cornellà, club de procedencia de Juan Giménez, un dos membros da Dirección Deportiva, recalca que mantiña relación con el antes da súa chegada á Coruña: "Coñézoo desde hai anos. Chamoume e tamén ten unha boa relación co meu representante. Non se pode dicir que non a este gran club".

Finalmente, apunta Max Svensson que a súa receita no Dépor será "traballar duro día a día e tentar gañarse os minutos cando o míster me dea a oportunidade".