Maya Yamamoto (5 de febreiro de 1993, Tokio, Xapón) converteuse na cuarta incorporación do Deportivo ABANCA 2018-2019.
A futbolista xaponesa, que actúa como mediapunta ou interior, conta con experiencia tanto na Liga Iberdrola como a nivel internacional.
Yamamoto empezou a xogar ao fútbol aos 7 anos e chegou a vestirse a camiseta da selección xaponesa nas categorías sub-16 e sub-17. Na primeira delas, formou parte do combinado nipón que disputou o Campionato de Asia en 2009, no que Xapón alcanzou a terceira praza e a clasificación para o Mundial sub-17, que Yamamoto finalmente non puido disputar debido a unha inoportuna lesión.
Como compoñente do equipo da Universidade de Waseda proclamouse campioa de Xapón no ano 2016, xusto antes de emprender viaxe a España para incorporarse ao Valencia CF Femenino.
Co conxunto ché disputou a segunda metade da temporada 2015-2016 e a 2016-2017 completa. O curso pasado militou no Zaragoza CFF, co que conta con dúas campañas e media de experiencia na Liga Iberdrola.