David Mella e Helton Leite pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR tras o enfrontamento ante o Real Sporting.
O canteirán valora positivamente o punto. A pesar de que "sempre queremos sumar os tres en casa", opina que "nos fixemos fortes" despois do gol encaixado.
Con respecto ao seu tanto, coa celebración dedicada á súa noiva, Mella recalca a habilidade de Lucas para a asistencia: "á parte do pase, o control é medio gol" e sente "moi contento polo gol e polo traballo do equipo".
Finalmente, a nivel físico "estou bastante ben, pensaba que ía estar peor", engade.
Pola súa banda, Helton Leite subliña que "lévome a sensación de que traballamos moi ben" e concorda con Mella en que "reaccionamos ben" após o tanto recibido.
No apartado persoal, Helton, que non cre que este fose o seu mellor partido, atópase "satisfeito" porque "teño moita ambición, sempre quero seguir mellorando". Con todo, "teño moitas cousas para mellorar tamén".
Helton Leite sente cada vez mellor sobre o verde e "teño máis confianza no campo e sinto que tamén o transmito", destaca. O porteiro non pon de escusa o vento e asúmeo como un desafío: "isto forma parte da nosa vida".