RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Óscar Gilsanz destacou "a capacidade do equipo para competir ante un grandísimo rival"

Óscar Gilsanz destacou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR "a capacidade do equipo para competir ante un grandísimo rival, contra un equipo que está a facer unha gran temporada, cun ritmo de xogo moi alto, un ritmo de presión moi alto e unha capacidade para atacar os espazos moi alto".

Neste sentido, o técnico deportivista valora "moito o punto sobre todo pola capacidade de reacción do equipo".

Considera o empate no marcador como xusto: "Se obviamos os primeiros 15 minutos, que en fútbol non se pode obviar nada, o resto do partido foi moi igualado, con moita esixencia e con algunha transición dun equipo e doutro na que a sensación de perigo é maior. Salvo nos primeiros 20 minutos, nos que o Sporting foi mellor, os outros 70 a igualdade foi predominante".

Desvelou que con futbolistas como Mfulu, Ximo Navarro e Mella "estivemos moi pendentes á hora de ir calibrando o cansazo que ían acumulando"; e sobre Bouldini, fóra da convocatoria para o partido, afirmou que "se resentiu dunhas molestias que tivo durante a semana. Por iso quedou fóra da convocatoria".

Preguntado finalmente por Yeremay, o adestrador do Dépor espera que "se incorpore esta semana ou nos próximos días aos adestramentos".