RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Menudo: "As sensacións son boas e chegamos para afrontar o partido do domingo coas mellores das garantías"

Juan Carlos Menudo compareceu ante os medios informativos ao concluír o partido no campo de Vista Alegre de Ordes.

Autor do segundo tanto do encontro fronte ao Pontevedra CF, o atacante deportivista indica que "cando se gaña son sempre sensacións boas. Merecíase ir xa ao final da pretemporada con boas sensacións, coa vitoria".

Insiste en que "as sensacións son boas e chegamos para afrontar o partido do domingo (en ABANCA-RIAZOR fronte ao RC Celta B ás 21:30) coas mellores das garantías".

Nesta liña, admite que "non é o mesmo chegar ao domingo perdendo hoxe que gañando. As sensacións son boas e imos coa ilusión de empezar unha semana que é semana de competición e onde nos xogamos o que a nós nos interesa que é sumar de tres en tres".

En canto ao seu acerto goleador, lembra que "nos primeiros partidos tiven algunhas ocasións. Para a xente de arriba é importante ter esa confianza a base de goles. O gol non pode vir en mellor momento: último partido de pretemporada e para empezar coa mellor das ilusións".

Apunta que o equipo "ten moita dinamita arriba. Hai que facer as cousas ben. Vai haber competencia e iso é bo para o equipo. A competencia que hai é sa, somos xente que vimos achegar, a axudar. Oxalá sexa así e teñamos un gran ano todos".

Conclúe Juan Carlos Menudo que, despois dos dous días de descanso, hai que volver o martes aos adestramentos "coas pilas cargadas e a ilusión de debutar en ABANCA-RIAZOR e de darlle unha alegría a #ANOSAFORZA o máis pronto posible e iso significa que o domingo".