Michele Somma xa fai carreira continua en Abegondo
Michele Somma foi a novidade no adestramento desta mañá na Cidade Deportiva. O defensor italiano, que segue un plan de readaptación física, xa realiza carreira continua sobre o céspede supervisada polo readaptador, Fran Molano.
Polo demais, a sesión foi a habitual despois de cada partido. Fernando Vázquez dividiu aos seus futbolistas en 2 grupos. Os titulares onte en ABANCA-RIAZOR ante a SD Huesca tiveron recuperación, con ximnasio, bicicletas estáticas e paso pola padiola dos fisioterapeutas.
Para os demais integrantes do cadro, o adestramento foi de alta intensidade, con rondos, unha tarefa de posesión, un exercicio táctico e fútbol en espazo reducido, todo iso no campo 2. Incorporouse aos adestramentos a meta canteirán Pablo Brea, que estivo cedido a pasada temporada no Coruxo de Segunda División B.
Ademais de Somma, adestráronse á marxe do grupo Uche Agbo e Peru Nolaskoain.
Mañá martes, o Dépor saltará ao céspede ás 12:00 en Abegondo. Ao concluír, Fernando Vázquez fará pública a lista de convocados para viaxar o mesmo mércores 8 de xullo a Málaga para visitar ás 19:30 ao Málaga CF en La Rosaleda (Gol).