RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mujaid avanza na súa recuperación e xa realizou hoxe tarefas co grupo

Mujaid avanza na súa recuperación e esta mañá realizou a primeira parte da sesión co grupo: quecemento, circuíto de core e rondos.

A continuación, o canteirán continuou co seu traballo co readaptador, Fran Molano, no campo 3 de Abegondo.

Os demais futbolistas pasáronse a continuación ao campo 2 para unha tarefa de posesión supervisado por Fernando Vázquez.

Hoxe Çolak, cunha sobrecarga nun xemelgo, realizou un adestramento específico no ximnasio e cos fisioterapeutas.

Mañá venres, o cadro volve ao traballo a partir das 10:00 horas na Cidade Deportiva.