RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mujaid incorpórase aos adestramentos nunha mañá de forte ritmo de traballo

Mujaid incorporouse esta mañá aos adestramentos co Deportivo despois de gardar a regulamentaria corentena establecida polas autoridades sanitarias para as persoas que fosen contacto cun positivo de COVID-19 e ademais dar negativo na proba PCR.

Así pois, unicamente Celso Borges, Héctor e Derik Osede adéstranse á marxe dos seus compañeiros, ben no ximnasio ou no céspede co readaptador, Fran Molano.

Hoxe cos fabrilistas Adri Castro e Alberto, Rubén de la Barrera incrementou a intensidade e a carga física con rondos de presión, un exercicio de posesión, unha tarefa defensiva e fútbol en espazo reducido para concluír.

Mañá xoves 25 de marzo, o Dépor cambia Abegondo por ABANCA-RIAZOR para unha sesión a porta pechada que arrancará ás 10:30 horas.