Mujaid ve ao Dépor "con ganas de máis, de demostrar do que somos capaces"
Mujaid Sadick mostrouse esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo, após recibir o premio ao xogador Estrella Galicia do mes de xaneiro, "contento individualmente; pero eu o que penso é en axudar ao meu equipo e tentar gañar todos os partidos que quedan para chegar ao noso obxectivo, que xa sabemos todos cal é".
Asegura o central deportivista que "o equipo pensa en gañar os partidos que nos quedan e a ver que pasa. No fútbol nunca se sabe. Aínda que o primeiro sácanos uns puntos, pensando en gañar todo o que queda os demais equipos van picar algún partido".
É máis, apunta que "se gañamos todo seguramente esteamos aí arriba".
Mujaid confesa estar "a desexar facer o noso mellor fútbol o sábado e sacar o tres puntos" na Malata ante o Racing de Ferrol (19:00 horas, TVG).
Ve ao Dépor "con ganas de máis, de demostrar do que somos capaces. E iso é indo o sábado e sacar o tres puntos de aí. Con moitas ganas de afrontar o que queda".
Finalmente sobre o rival, o Racing de Ferrol que dirixe Cristóbal Parralo, di que é "un gran equipo. Ten bo trato de balón. Gústame moito", conclúe.