Natxo González apura até o final a preparación do partido ante a UD Almería
Natxo González apura a preparación dos partidos nesta recta final de LaLiga 1|2|3 até o último minuto posible.
Con partido en ABANCA-RIAZOR, é dicir, sen viaxe polo medio; e aínda encima mañá venres en horario nocturno (21:00 horas ante a UD Almería, Gol e LaLiga 1|2|3 TV), o técnico deportivista, tralo traballo de hoxe a porta pechada, citou de novo aos seus futbolistas mañá mesmo, día do choque, ás 10:00 horas en Abegondo.
Despois do regulamentario almorzo nas instalacións da Cidade Deportiva habilitadas para tal fin, haberá vídeo e é posible que unha lixeira sesión de activación sobre o céspede, cun último repaso táctico. Será ao acabar cando Natxo González faga pública a lista de futbolistas convocados que ao mediodía concentraranse no Hotel Meliá María Pita.
Esta mañá, en ABANCA-RIAZOR, Natxo González dispuxo unha tarefa táctica con finalizacións, un partido ao ancho do campo e, para concluír, ensaio de accións de estratexia, neste caso dirixidas por Alejandro Esteve.
Adestráronse á marxe do grupo Edu Expósito, que mañá será baixa por sanción, e Krohn-Dehli. Nahuel e Quique González realizaron todo o traballo; e Carlos Fernández unha parte, tal e como estaba programado polos Servizos Médicos.