RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González: "Estivemos sobradamente á altura"

Natxo González márchase da LXXIII edición do Trofeo Teresa Herrera coa sensación de ver "un partido bonito, con fútbol en moitos momentos".

O técnico deportivista mostrouse "moi contento co equipo. Para os afeccionados foi vistoso. Tiñamos enfronte a un equipo de Primeira División que xogou con todo. E estivemos á altura".

Explica que "nestes partidos ao final non te xogas nada, non te xogas puntos pero si un pouco o prestixio e a imaxe. Estivemos á altura sobradamente".

Recalca que o partido é útil para os técnicos branquiazuis: "Estou moi contento co traballo. Por suposto non tiña ningunha dúbida porque ao final os ves no día a día. Pero moi moi satisfeito polo partido que fixeron todos e logo a nivel individual. Isto reforza a moitos deles".

Preguntado por Christian Santos, goleador e ademais nomeado Xogador Estrella Galicia do partido, Natxo apunta que "non me ten que demostrar nada. Xa os coñezo. Non era un exame para eles. Era unha oportunidade para demostrar que están en condicións de competir en calquera momento como o están facendo outros. Por iso estou satisfeito e por iso alégrome moito por eles".

Pola súa banda, Eduardo Berizzo, técnico do Athletic Club, manifestou que "na primeira parte o equipo xogou con orde e logramos circular a pelota, presionando ben en campo rival. A primeira parte foi máis compacta. Na segunda, por mor dos cambios, a fisonomía perdeuse. Gustáronme algunhas cousas dentro do partido".

O adestrador arxentino insiste que "xogamos mellor a primeira parte que a segunda".