RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Natxo González mantén en alerta ao equipo

Natxo González mantén en alerta ao cadro do Dépor. 

Hoxe domingo, con só Kronh-Dehli e Carlos Fernández á marxe do grupo, dirixiu a penúltima sesión previa á visita da AD Alcorcón a ABANCA-RIAZOR, prevista para mañá luns 4 de marzo (21:00, Gol e LaLiga 1|2|3 TV), correspondente á 28ª xornada en LaLiga 1|2|3.

Non houbo lista de convocados nin concentración no  hotel Meliá María Pita. Mañá luns, mesmo día do partido, os futbolistas están citados de novo ás 10:00 en Abegondo.

Nos plans do corpo técnico está ter unha última sesión de vídeo e unha lixeira activación. Ao acabar si haberá lista de convocados e citación no hotel de cara ao choque ante o conxunto madrileño que dirixe Cristóbal Parralo.

"Non é estraño. Sempre que xogamos ás 20:00 ou 21:00 horas facémolo así. Mañá concentrámonos aquí, almorzamos. Hai vídeo. Se a mañá está ben, igual saímos un pouco ao campo...", explica o técnico deportivista na sala de prensa.

Esta mañá, os futbolistas, após un quecemento e un exercicio de finalizacións, tiveron un partido ao ancho do campo 2 e, para concluír, repaso de accións a balón parado baixo a supervisión do técnico Alejandro Esteve.

Após o encontro de mañá luns ante a AD Alcorcón, o equipo terá o martes 5 xornada de descanso.