Natxo González queda con 18 futbolistas para recibir esta tarde á UD Las Palmas
Despois da suave sesión desta mañá en ABANCA-RIAZOR, Natxo González citou finalmente a 18 futbolistas para o partido de hoxe ante a UD Las Palmas (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV), correspondente á 29ª xornada en LaLiga 1|2|3.
Quedan fóra da lista de forma obrigatoria os lesionados Krohn-Dehli, Carlos Fernández e Vítor Silva.
Os citados concéntranse para comer no hotel Meliá María Pita, á espera do partido.
Esta mañá, os xogadores chegaron a ABANCA-RIAZOR pouco antes das 10:00. Após un almorzo e unha charla no vestiario, o técnico deportivista realizou un último repaso táctico de cara ao choque ante o equipo que prepara Pepe Mel.