Natxo González traza o plan para medirse á UD Las Palmas
Un partido táctico ao ancho do campo 2 supervisado por Natxo González foi a tarefa principal do Deportivo esta mañá en Abegondo, hoxe ademais cos fabrilistas Álex Cobo e Raúl González.
Desta maneira, o técnico deportivista comeza a trazar o plan para tentar bater á UD Las Palmas, este domingo 10 de marzo (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV).
Os futbolistas arrancaron cun quecemento e uns rondos de presión, de alta intensidade.
Adestráronse á marxe do grupo Krohn-Dehli, Carlos Fernández e Somma, este con unha contusión nun pé sufrida no adestramento de onte.
Mañá venres, o cadro está citada de novo en Abegondo ás 11:00 horas.