Noelia Villegas seguirá dúas campañas máis no Dépor ABANCA
A defensa Noelia Villegas asinou a súa renovación co Deportivo ABANCA por dúas temporada, até xuño de 2022.
Villegas, central ou lateral esquerda de 24 anos, chegou ao equipo deportivista o pasado verán, procedente do Madrid CFF.
A futbolista gaditana foi unha habitual nas aliñacións do Dépor ABANCA desde o inicio de temporada. Villegas participou en 19 dos 21 partidos que o Deportivo ABANCA disputou até o momento na súa estrea na Primera Iberdrola, sendo titular en 17 deles. Ademais, actuou en ambos os partidos da Copa da Raíña, substituíndo a Nuria en ABANCA-RIAZOR fronte ao Valencia CF Femenino e como titular no Estadi Johan Cruyff contra o FC Barcelona.