Nolaskoain foi operado con éxito esta tarde en Huesca
Peru Nolaskoain foi operado con éxito esta tarde no Hospital Viomed Santiago de Huesca dunha apendicite.
O futbolista vasco, que pasará as próximas horas acompañado polo médico do Club Carlos Lariño, será dado de alta hospitalaria o vindeiro martes e espérase a súa chegada á Coruña a finais de semana.