RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Nolaskoain, Koné e Hugo Vallejo, novidades na convocatoria do Dépor para o partido ante a UD Las Palmas

Fernando Vázquez citou a 18 futbolistas para recibir á UD Las Palmas en ABANCA-RIAZOR, mañá sábado 1 de febreiro (18:15 horas, #Vamos). Iso si, advertiu ante os medios de comunicación que "conto con todos. Todos teñen enerxía, algo que dar, algo que achegar, aínda que sexa na bancada. Por tanto, contamos con todos. Incluída a afección tamén".

Regresan á convocatoria Peru Nolaskoain após cumprir en Albacete o seu partido de sanción, e Koné. Ademais, estréase Hugo Vallejo trala súa chegada ao Dépor. Precisamente ao andaluz referiuse o técnico en rolda de prensa: "É un rapaz con tanto poderío que salta un pouco a vista. É potente, súper potente. Véxoo nun estado adecuado. Pódome equivocar porque como é tan poderoso, se cadra ten gasolina para 50 minutos. Fáltame por ver".

Quedan fóra da convocatoria de maneira obrigatoria os 'tocados' Salva Ruiz, Christian Santos e David Simón, que se adestra co grupo pero aínda sen a alta médica.

No adestramento de hoxe, co canteirán Mujaid e o meta xuvenil Alberto, o técnico deportivista, após un quecemento e rondos, dispuxo unha tarefa de posesión e fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Os 18 elixidos concéntranse mañá sábado ao mediodía no Hotel Meliá María Pita, á espera do partido.