Despois do 0-0 da ida disputada o pasado domingo en Abegondo, Manuel Pablo, en rolda de prensa esta mesma semana, indicou que "teremos que centrarnos en tentar, ante un equipo que é moi forte defensivamente, buscar as situacións onde podamos sacar vantaxe".
O técnico deportivista lembra que o Sevilla FC "xoga na súa casa, vai saír con esa enerxía de saber que é un partido e que nos pode dar aos dous equipos unha Final Four; así que será unha nova batalla".
Serán baixa por lesión nos branquiazuis Dani Estévez e Hugo Villaverde; aínda que o Xuvenil A recupera a Noé, sancionado no partido de ida.
Completan a convocatoria deportivista estes futbolistas: Román, Anxo, Vilela, Pablo Parada, Carreira, Zoe, Álvaro, Domínguez, Guerrero, Álex Delgado, Hugo Torres, Ayman, Pablo García, Manu Ferreiro, Mardones, Carletto, Martiño, Samuel Fernández, Lucas e Kevin.
Pola súa banda, o Sevilla FC non perdeu ningún partido esta temporada no grupo 4º da División de Honra, cun total de 28 partidos gañados e 6 empatados. Ademais, unicamente encaixou 15 goles na liga.
Completan os cuartos de final da Copa de Campións estes partidos:
Real Betis Balompié - UD Las Palmas. Na ida: 0-3 favorable aos béticos
Atlético de Madrid - UD Levante. Na ida: 1-1
RCD Mallorca - Athletic Club. Na ida: 1-0 favorable aos vascos