O Xuvenil A, vixente campión da División de Honra, inicia mañá martes a pretemporada con test físicos e médicos
O Xuvenil A, actual campión da División de Honra, inicia mañá martes 23 de xullo a pretemporada con probas físicas e médicas en Abegondo, paso previo ao arranque dos adestramentos o mércores 24 de xullo.
Os futbolistas citados mañá son os seguintes:
-Porteiros: Anxo Regueiro e Pablo Alonso (procedente do Ural CF ao Xuvenil B) -Defensas: Javier Fernández, Mario Hermo (SD Compostela), David Vergara (Xuvenil B), Adrián Vázquez, David Fernández, Íker Fernández (Xuvenil B) e Xabi Campos (Xuvenil B) -Centrocampistas: Nico Ruiz (Xuvenil B), Telmo Perucha (Xuvenil B), Álvaro Fraga (Xuvenil B) e Lucas Castro -Dianteiros: José Rey, Xián Gesto (Xuvenil B), Nico Balbas (Xuvenil B), Leandro Altieri (Xuvenil B), Daniel García e Miguel de Labra (Xuvenil B)
Ademais, hai varios futbolistas que están a facer a pretemporada co Fabril e mesmo co Dépor, que son os seguintes: Román Noya, Pablo García, Samuel Fernández, Pablo Parada, Zoe, Dani Estévez, Noé, Manu Ferreiro, Guerrero, Héctor Areosa, Hugo Torres e Rubén Fernández.
O corpo técnico do Xuvenil A está formado por:
Manuel Pablo García, adestrador Juan Villamisar, segundo adestrador Francisco Varela, preparador físico Javier Valencia, preparador de porteiros Daniel Mourís, fisioterapeuta Alberto Rielo, readaptador Javier Rodríguez, utilero Javier Núñez, delegado