O Benxamín A tumba ao Victoria CF e accede a semifinais do Mini Teresa Herrera
O Benxamín A superou ao Victoria CF (4-1) nos cuartos de final do Trofeo Mini Teresa Herrera, con goles de Hugo Quintela, Alejandro Astray, Mateo Carballeira e Miguel Candal.
Benxamín A: Brais Araújo, Bruno Abelenda, Thiago López, Mateo Carballeira, Xiao Fontao, Hugo Bujía, Pablo Sánchez e Hugo Quintela. Tamén xogaron: Alejandro Astray e Miguel Candal.
Este mércores 28 de xuño, o equipo de Jacobo Saco disputará as semifinais, tamén a partido único. O vencedor accederá á gran final, que se xoga en ABANCA-RIAZOR antes do Trofeo Teresa Herrera.
Os resultados do Benxamín A nesta competición son os seguintes:
Oitavos de final Atlético Castros 0 - Benxamín A 12 (Alejandro Astray -4-, Mateo Carballeira -3-, Javi Meiriño, Hugo Quintela, Xiao Fontao, Bruno Abelenda e Miguel Candal)
Cuartos de final Benxamín A 4 (Hugo Quintela, Alejandro Astray, Mateo Carballeira e Miguel Candal) - Victoria CF 1