Os dous equipos alevíns e os dous benxamíns do Dépor abriron onte martes o calendario de ANOSACANTEIRA co seu partido de liga correspondente á 2ª xornada da Primera A Coruña de fútbol 8.
O motivo de que se adiantasen estes encontros é que os 'fabriles' competirán esta semana na Níjar Cup de Almería.
Será unha mini xornada de competición posto que teñen parón ligueiro esta semana o Xuvenil A, os dous equipos cadetes e os dous infantís, neste caso debido á disputa da Primera Fase do Campionato de España de seleccións autonómicas sub-16 e sub-14 que se disputa en Madrid.
Os deportivistas Ramón, Samba, Mauro, Gael Irimia; ademais de Eder, Raúl Lema e Anxo do San Tirso SD Cadete, están convocados pola selección galega sub-16, que ten como rivais a Madrid e Canarias.
Así mesmo, os branquiazuis Julen, Antón, Hugo e Tiago; ademais de Hugo Macedo do San Tirso SD Infantil, competirán coa selección galega sub-14 tamén ante Madrid e Canarias.
A fin de semana destaca o encontro do Fabril en Abegondo ante o CD Guijuelo (YouTube RC Deportivo), fixado para o domingo 3 de novembro ás 12:00.
Os fabrilistas chegan ao choque despois de dúas vitorias consecutivas, ante o UM Escobedo e fronte ao Rayo Cantabria.
O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.
Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar as localidades e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.
Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.
Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.
O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición da bancada nun proceso 100 % telemático.
As socias e socios do RC Deportivo teñen prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até mañá xoves 31 de outubro ás 23:59 h.
A partir dese momento, se houbese asentos aínda dispoñibles, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.
O outro partido da xornada da fin de semana será o sábado 2 de novembro, o do Xuvenil B en Vilagarcía (12:00) ante o Arosa SC B. Os branquiazuis son segundos na Liga Nacional, a 2 puntos do liderado.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
10ª xornada: FABRIL - CD GUIJUELO, o domingo 3 de novembro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: ... 4. Bergantiños CF, UP Langreo e Real Ávila CF, 16 puntos; 7. Real Valladolid Promesas, Fabril, Marino de Luanco e Salamanca CF UDS, 13 puntos; 11. Rayo Cantabria, 12 puntos...
Categoría xuvenil
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 25 puntos; 2. RC Celta, 21 puntos...
9ª xornada: AROUSA SC B - XUVENIL B, o sábado 2 de novembro ás 12:00 no campo Manuel Jiménez Abalo (Vilagarcía)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 21 puntos; 2. Xuvenil B e Racing de Ferrol, 19 puntos; 4. Pabellón Ourense CF, 18 puntos...
Categoría cadete
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta e Cadete, 24 puntos; 3. CD Lugo, 18 puntos... 8. San Tirso SD Cadete, 11 puntos...
Categoría infantil
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta e Infantil, 21 puntos; 3. Racing de Ferrol, 18 puntos... 6. San Tirso SD Infantil, 12 puntos...
Níjar Súper Cup 2024
Primera Fase
Xoves 31 de outubro
19:00: CD COMARCA DE NÍJAR B - SAN TIRSO SD INFANTIL, no Municipal Manuel López (Níjar)
Venres 1 de novembro
12:20: CD VERA - SAN TIRSO SD INFANTIL, no Municipal Manuel López (Níjar)
13:40: REAL BETIS - SAN TIRSO SD INFANTIL, no Municipal Manuel López (Níjar)
O primeiro de cada grupo e o mellor segundo dos 7 grupos acceden a cuartos de final, que se xogan o sábado 2 de novembro
Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, 2ª xornada (martes 29): ALEVÍN A 7 (Pablo Sánchez -2-, Mateo Cortizas -2-, Sergio Fernández, Xiao Fontao e Alejandro Astray) - FABRIL FC ALEVÍN 0
Níjar Súper Cup 2024
Primera Fase
Venres 1 de novembro
15:35: FABRIL FC ALEVÍN - CD COMARCA DE NÍJAR C, no Municipal de Santa Olalla
17:20: FABRIL FC ALEVÍN - CF RETAMAR EL TOYO A, no Municipal de Santa Olalla
19:40: FABRIL FC ALEVÍN - SAN ROQUE BALOMPIÉ, no Municipal de Santa Olalla
O primeiro de cada grupo e os 6 mellores segundos dos 10 grupos pasan a oitavos de final, que se xogan o sábado 2 de novembro
Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, 2ª xornada (martes 29): BENXAMÍN A 7 (Leo Barro -2-, Leo Galván -2-, Gael Fernández, Nico Castro e Marco Dios) - FABRIL FC BENXAMÍN 0
Níjar Súper Cup 2024
Primera Fase
Venres 1 de novembro
16:45: FABRIL FC BENXAMÍN - CUEVAS CF, no Municipal Antonio Gutiérrez (Campohermoso)
18:30: FABRIL FC BENXAMÍN - LA CAÑADA ATLÉTICO, no Municipal Antonio Gutiérrez (Campohermoso)
19:40: FABRIL FC BENXAMÍN - AREAS DE ARMILLA CyD, no Municipal Antonio Gutiérrez (Campohermoso)
O primeiro de grupo e os 7 mellores segundos dos 9 grupos pasan a oitavos de final, que se xogan o sábado 2 de novembro